O Concello de Carballo contrata o servizo de mantemento dos ascensores para catro anos

O contrato inclúe 19 ascensores e 3 aparatos elevadores situados en distintos edificios públicos

Martes 2 de maio do 2017

O alcalde e o representante da empresa adxudicataria, na sinatura do contrato

O alcalde e o representante da empresa adxudicataria, na sinatura do contrato

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o representante legal de Ascensores Cume 24, S.L., que resultou adxudicataria nun procedemento aberto ao que se presentaron 12 empresas, asinaron o contrato do servizo de mantemento dos ascensores e aparatos elevadores dos edificios públicos por un período de catro anos, prorrogable ata un máximo de seis, e por un importe anual de 14.737,80 euros.

O contrato inclúe o mantemento dos 19 ascensores situados no Pazo da Cultura (2), o mercado municipal (2), o Fórum (5), a Biblioteca Rego da Balsa, o Museo de Bergantiños-Biblioteca (2), a Casa do Concello (2), o edificio empresarial do polígono de Bértoa e os colexios Bergantiños, Fogar (2) e San Luís Romero. A empresa tamén se encargará dos montacargas do Pazo da Cultura e do mercado, e do salvaescaleiras do Pazo.

Segundo o contrato asinado, a empresa prestará asistencia permanente os 365 días do ano e as 24 horas do día, cun tempo máximo de resposta de 30 minutos para casos de emerxencia e de dúas horas para outro tipo de incidencias. Un técnico municipal será o responsable da dirección do servizo.

Enlace original: http://www.carballo.org/novas.php?id=5047&idioma=gl&sec=30

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en